1º E 2º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA DO CPI MANUEL SUÁREZ MARQUIER VISITARON O MUÍÑO DAS ACEÑAS

No día de onte, 32 nenos e nenas de 1º e 2º curso de Educación Primaria do CPI Manuel Suárez Marquier e as súas mestras, viñeron visitar o Muíño das Aceñas.
Chegaron á Aula da Natureza con moita curiosidade e ganas de aprender, onde foron atendidos por Alba Igrexas, becaria de Medio Ambiente do Concello do Rosal.  Alí puideron ampliar os seus coñecementos sobre reciclaxe e sobre plantas e animais que se poden atopar no entorno do muíño.
Tamén realizaron xogos nos que tiveron que identificar ás árbores polas súas follas e ós animais polas súas pegadas. Xa para rematar, despois dun breve vídeo sobre a recuperación do muíño e os seus arredores, fixeron un repaso dos coñecementos adquiridos cun caderno didáctico.
Agardamos que todos e todas gozaran da visita e volvan axiña polas Aceñas.