5 DE XUÑO DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe 5 de xuño celebramos o Día Internacional do medio Ambiente, e con tal ocasión os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria do CPI Suárez Marquier e das escolas unitarias do CRA María Zambrano, elaboraron estas caixiñas para que servan de casa aos paxaros do noso concello.
Nos próximos días serán colocadas no parque de Pías, na Praza do Calvario e en parques públicos do concello do Rosal.
Polo de agora no CPI xa colocaron algunas casiñas no “bosquiño” como lle chaman eles a este espazo do patio do centro educativo cheo de carballos.
Unha mocidade comprometida co coidado do Medio Ambiente, será unha xeración de persoas respetuosas co seu entrono, e iso é precisamente o que queremos no Rosal.