A 15K DO ATLÁNTICO ESTREA UNHA CARREIRA CURTA CON SAÍDA DENDE PORTECELO

A 15K DO ATLÁNTICO ESTREA UNHA CARREIRA CURTA CON SAÍDA DENDE PORTECELO

A proba celebra este domingo 1 de outubro o seu décimo aniversario con moitas novidades

A 15K DO ATLÁNTICO ESTREA UNHA CARREIRA CURTA CON SAÍDA DENDE PORTECELOA 15K do Atlántico Banco Mediolanum quenta motores para a carreira que se celebrará este domingo 1 de outubro, un décimo aniversario que festexará con máis dun milleiro de participantes e moitas novidades. Así, este ano a carreira contará cun 30% máis de inscritos entre a proba de longa e de curta distancia e a andaina. Un éxito que tamén está a respalda a gran demanda da camiseta conmemorativa desta edición.

O concelleito de Deportes do Rosal, José Carlos Martínez Crespo salientou a importancia deste evento para a comarca e que se comprometía a participar na 15K deste domingo, polo menos na andaina.

A carreira como sempre terá a súa saída en Oia, aínda que estrea a súa carreira curta de 7,5 km con saída dende Portecelo.

As probas terán tamén un carácter solidario a través do programa Mediolanum Aproxima, co que se rcadará fondos para a Asociación Española contra o Cancro para un proxecto dirixido a nenos e nenas en fase avanzada ou terminal. Mediolanum regalará a todas as persoas donantes unha camiseta que se sumará ao euro que achegará cada unha das persoas participantes na andaina, tentando chegar aos 5.000 euros que serán dobrados con outros 5.000 euros por parte do Banco Mediolanum. Tamén se pode colaborar entrando en ‘Meu gran de area 15K’.

O padriño desta edición será o exciclista Álvaro Pino, campión da Volta Ciclista a España nos anos 80, que participará na andaina.

As persoas interesadas poden inscribirse ata este mércores 27 ás 23.59 horas a través da web https://www.deporticket.com/web-evento/8730-15k-del-atlantico-banco-mediolanum.