23 Dec 2025 A Biblioteca municipal pecha ata o 7 de xaneiro
Posted at 13:16h
in Cultura
A Biblioteca Municipal do Rosal interromperá temporalmente a súa actividade entre os días 19 de decembro e 7 de xaneiro, ambos incluídos, con motivo do descanso do persoal.
Desde o Concello do Rosal infórmase á veciñanza desta pausa no servizo, período no que non se poderá facer uso das instalacións nin dos servizos bibliotecarios presenciais.
A Biblioteca Municipal volverá abrir as súas portas o 8 de xaneiro, retomando o seu horario habitual e reafirmando o seu compromiso coa cultura, a lectura e o acceso público á información no Rosal.