07 Ago 2024 A cor e a xeometría toman O Rosal da man dunha exposición da artista Carmen P. Ulloa
Estará ubicada ata o día 30 de agosto no Gastrobar Daordaria, no Mercado do Rosal
A cor e as formas fúndense nun mesmo espazo nas obras de Carmen P. Ulloa, que presenta este mes no Rosal a súa exposición “A arte: xeometría e contorna”.
Aqueles espectadores que se acheguen a visitala, poderán ser partícipes da expresión plástica da autora, na que deixa atrás ca cotiandade para dar paso a un universo onírico que cada un poderá interpretar libremente.
Con esta obra, Ulloa afástase levemente da súa traxectoria profesional habitual no campo da arquitectura e da educación, que combinou coa publicación de numerosas guías didácticas sobre educación plástica e visual.
A mostra poderá visitarse de balde ata o día 30 de agosto no Gastrobar Daordaria, no Mercado do Rosal, e todo aquel que xe achegue poderá apreciar como se rompen as barreiras entre estilos e técnicas, dando paso a unha realidade fresca e divertida.