A DOUTORA BERTA GONTÁN XUBÍLASE NO ROSAL

No día de onte, un grupo de persoas usuarias do centro médico de San Miguel en representación dos/as pacientes de Dña Berta Gontán, a alcaldesa e a concelleira de sanidade do Rosal, fixeron un pequeno recoñecemento á doutora por toda unha labor médica no noso concello durante 31 anos.

Chegada á hora da súa xubilación, tanto os veciños e veciñas como o concello desexámoslle que desfrute da nova etapa que vivirá a partir de agora. Grazas Berta pola túa adicación ao Rosal.

Aproveitamos a ocasión para desmentir rotundamente a nota que circula nestes días acerca do peche do centro médico de San Miguel. En ningún momento a administración manifestouse neste sentido, e concretamente fontes da Consellería de Sanidade comunicaron que o centro non se pechará, o que comunicamos para a tranquilidade das persoas usuarias.

Debido ao reaxuste de persoal sanitario na época de verán, durante uns días os pacientes serán incluidos na axenda do Centro de Saúde do Rosal.