
29 Xul 2024 A “Eurocidade da Foz do Miño” avanza no proceso da súa constitución
Os responsables dos municipios que a constitúen, Ánxela Fernández Callís (O Rosal), Rui Lages (Caminha) e Roberto Carrero, (A Guarda) reuníronse en Caminha a pasada semana
Os tres responsables dos municipios que conforman a “Eurocidade da Foz do Miño” sentáronse a semana pasada a conversar co fin de operacionalizar a cooperación.
A alcaldesa e os alcaldes das tres localidades que a constitúen reuníronse en Caminha co obxectivo de debatere dar os pasos oportunos para a constitución deste novo organismo, cuxo obxectivo principal é establecer sinerxías e fortalecer desta forma os lazos entre as comunidades. Esta alianza será moi positiva para os municipios, especialmente para os cidadáns.
“A Eurocidade resulta da vontade da alcaldesa e dos alcaldes, no que atinxe á nosa interpretación do interese da nosa veciñanza, que ademais é moi claro: hai unha grande proximidade, culturas compartidas e temos a certeza de que xuntos somos máis fortes. Cómprenos, como políticos, transformar esta vontade e esta proximidade en ferramentas realmente capaces de aproveitar os nosos territorios. Os municipios aprobaron a declaración institucional para a creación da Eurocidade e seguimos a traballar para a súa constitución” explican Ánxela Callís, Rui Lages e Roberto Carrero.
En deferencia ao balance da reunión, os tres consideran que é moi positivo, que se fixeron progresos respecto aos cales están todos moi comprometidos. Destacan tamén que se trata dunha operación en progreso, que ten unha base forte pero que irá por etapas. Polo tanto, deste camiño por percorrer haberá traballo que será máis visible, con resultados máis tanxibles, e outro menos visible, pero non por iso menos importante ou consecuente.