27 Out 2023 A MALETA VIAXEIRA CHEGA AO ROSAL CARGADA DE RECURSOS FORMATIVOS EN IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
Ánxela Fernández Callís recibiuna en Pontevedra da man do Delegado do Goberno en Galicia
O Rosal, 27 de outubro de 2023.- A Maleta Viaxeira é un proxecto que pon a disposición da cidadanía da provincia 5 “maletas viaxeiras”, una serie de materiais e recursos formativos en igualdade e para a loita contra a violencia machista.
As maletas van percorrendo os diferentes concellos da provincia, e no seu percorrido unha delas chega agora ao concello do Rosal, tras pasar por 7 municipios da provincia e o Centro Penitenciario de A Lama.
A maleta foi recollida pola alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, de man do Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, na Subdelegación do Goberno de Pontevedra.
O delegado destacou o compromiso do concello do Rosal en materia de igualdade e loita contra a violencia machista, e destacou que “a educación a prol da igualdade é una ferramenta fundamental para combater as violencias contra as mulleres.”
Pola súa banda, a alcaldesa do Rosal destacou a importancia desta e doutras iniciativas que reflicten un “fronte común” das institucións públicas, traballando da man, unidas, sen pausa nin descanso, contra a lacra que supón a violencia machista” así como o “imprescindible papel da educación en igualdade para promover un cambio social que conduza por fin a igualdade real e efectiva.
A estancia da maleta viaxeira no Rosal será de 3 meses, tras os cales seguirá o seu percorrido por otros lugares da provincia.