A Praza do Calvario tínguese de vermello nunha gran tarde de balonmán

A PRAZA DO CALVARIO TÍNGUESE DE VERMELLO NUNHA GRAN TARDE DE BALONMÁN

O Concello colabora co Valinox Novás nunha nova edición do ‘Balonmán na rúa’, que se celebra este sábado 25 de febreiro de 16.00 a 18.00 horas

A Praza do Calvario tínguese de vermello nunha gran tarde de balonmánO balonmán toma esta fin de semana a Praza do Calvario do Rosal. O Valinox Novás organiza en colaboración co Concello unha nova edición de ‘Balonmán na rúa’, que se celebrará este sábado 25 de febreiro de 16.00 a 18.00 horas para as categorías prebenxamín (nados en 2016/2017), benxamín (nados en 2013, 2014 e 2015) e alevín (nados en 2011 e 2012).

No acto de presentación estiveron presentes o concelleiro de Deportes, Germán Fernández; o director deportivo do Valinox Novás, César Armán, e a responsable de comunicación do equipo rosaleiro, Laura do Castelo.

Coindicindo co último partido do equipo de División de Honra Prata contra o BM Alcobendas no Pavillón Municipal o Rosal o mesmo sábado ás 19.00 horas, Valinox Novás e Concello levarán a cabo un evento onde a Praza do Calvario tinguirase de vermello para vivir unha gran tarde de balonmán.

Con esta actividade búscase que os nenos e nenas de categorías máis pequenas divírtanse cos valores do deporte, fomentando a igualdade, o respecto e o traballo en equipo a través da convivencia ao aire libre. Todos os nenos e nenas que queiran participar obsequiaráselles cunha invitación para o partido de Div. Honra Prata.

Ademais dunha tarde de balonmán, o evento contará con actividades lúdicas para todas e todos os participantes, entre os que destacase un inchable, xogos de precisión e coordinación.