
23 Ago 2023 A UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORES ESTARÁ NO ROSAL EN SETEMBRO E OUTUBRO
Posted at 09:09h
in Sen categoría
As revisións realizaranse no Pavillón Municipal
Unha unidade móbil da Inspección Técnica de Ciclomotores achegarase ao Rosal os días 21 de setembro e 5 de outubro
Instalarase no Pavillón Municipal. O día 21 de setembro o horario de atención será só de mañá, de 9 a 13.15 horas. O 5 de outubro, o horario de atención será só de tarde, de 15.30 a 18 horas.
As citas poden concertarse a través da páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 902 309 000.