A UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS VISITARÁ O ROSAL NO MES DE ABRIL

 Atenderá os días 8 e 20 para vehículos agrícolas e o 27 para ciclomotores. As persoas interesadas poden pedir cita previa a través da web sycitv.com ou no teléfono 902 30 90 00

A unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos desprazarase ata O Rosal o vindeiro mes de abril para a revisión de diferentes tipos de vehículos. Por un lado, a unidade móbil 10 de inspección técnica de agrícolas estará situada na rúa Simón do Mazo o vindeiro 8 de abril en horario de mañá (de 09.00 a 13.30 horas) e o día 20 de mañá e tarde, de 09.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas. Ademais, o mércores 27 de abril a unidade móbil 9 de inspección técnica de ciclomotores estará diante do pavillón municipal de 09.00 a 13.30 horas.

As persoas interesadas xa poden solicitar cita previa:

Dende a inspección técnica sinalan que a admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de revisión regulamentarias.