04 Xul 2017 ABERTO O PRAZO PARA SOLICITUDES DE COMPOSTEIROS DOMÉSTICOS
Posted at 11:43h
in Sen categoría
A partir de hoxe 4 de xullo ábrese o prazo para a solicitude de composteiros. Todas aquelas persoas que o desexen poden achegarse ao Concello e solicitalo de balde. Hai un número limitado polo que se seguirá un estricto orde de inscrición.
A compostaxe doméstica consiste na descomposición biolóxica da materia orgánica xerada no fogar, como restos de comida e podas, obtendo un produto final: o compost, que pode ser empregado como fertilizante natural dos solos de xardíns e hortas.
A función do composteiro é a de manter as condicións adecuadas de temperatura e humidade para a elaboración de compost, evitando a entrada de pequenos animais (como roedores) que poden alterar o proceso.