
23 Ago 2019 ACTUACIÓNS DE CULTURA NO CAMIÑO EN SAN XIÁN
Posted at 07:26h
in Sen categoría
Onte 22 de agosto tivo lugar ás 20.00 h. en San Xián a actuación Circanelo, espectáculo de circo, malabares e acrobacias. E ás 21.00 h. Pepe Vaamonde, trío de música tradicional que deleitou a máis de 150 persoas que se achegaron ao recinto de San Xián.
Deste xeito o Concello quere impulsar a axenda cultural polos diferentes barrios do Rosal.
Estas actuacións de Cultura no Camiño son financiadas pola Xunta de Galicia dentro das actuacións previstas no itinerario nas 10 rutas xacobeas en Galicia.