Amor, desamor e crítica social coa rosaleira Vanessa Rodríguez Álvarez na biblioteca municipal

AMOR, DESAMOR E CRÍTICA SOCIAL COA ROSALEIRA VANESSA RODRÍGUEZ ÁLVAREZ NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

A escritora presentará o seu primeiro libro ‘Versiones de mi que desconozco’ este xoves 7 ás 19.00 horas. Entrada de balde ata completar aforo

O mes do libro continúa esta semana no Rosal coa presentación dunha nova obra na biblioteca municipal. Este xoves 7 de abril, a rosaleira Vanessa Rodríguez Álvarez presentará ao público ‘Versiones de mi que desconozco’, un libro que fala de amor, de desamor, de crítica social e existencial que a autora comezou a escribir mentres estudaba grazas aos ánimos dunha profesora que animaba ao seu alumnado a reflexionar.

Froito desas reflexións naceu esta obra á que Rodríguez Álvarez estivo dando forma durante catro anos cun único propósito: non gardar nada dentro. Nada en Suíza en 1994, a escritora reside no Rosal dende os catro anos. É estudante de Educación Infantil, amante da poesía e escritora dende idade moi temperá, aínda que non se animou ata os 27 anos a publicar o seu primeiro libro de reflexións e prosa poética.

A presentación será ás 19.00 horas na biblioteca con entrada libre ata completar aforo.