Andaina interpretativa polas Eiras
As Eiras. Petróglifos do Ghorghalado e Capela da Madalena
28 de marzo
Distancia: 6 km
Duración aproximada: 3 horas
Desnivel acumulado: 200 m
Percorrido: circular
Dificultade: baixa–moderada
Percorreremos o monte comunal desta parroquia, visitando os petróglifos do Ghorghalado.
Baixaremos cara ao excepcional miradoiro da capela e as sobreiras da Madalena, e até a praia no río Miño.
O regreso farémolo visitando a igrexa de San Bartolomeu e percorrendo viñedos.