Andaina interpretativa
Río da Cal

Pozas e fervenza do Rio da Cal, muíños do Calán e Capela de San Martiño.

Volta polos muíños do Picón.

 

Distancia: 8 quilómetros

Hora de comezo: 10h

Data: sábado 24 de outubro

 

Alongamos o verán mais da conta, mais xa estamos de volta para camiñar e descubrir o riquísimo patrimonio natural, histórico e cultural do noso concello.

 

Desta volta o Rio da Cal é o protagonista.
A distancia a percorrer é de 8 quilómetros e unha duración aproximada de 3 horas e media. A dificultade é moderada, tendo que superar un desnivel de case 300 metros, apta para todas as persoas cun mínimo de forma física e sen problemas de mobilidade.

 

Máis alá da fermosura dos seus saltos, pozas, fervenzas e o conxunto de muíños do Calán, que fan do Río da Cal un lugar único, imos coñecer tamén parte da historia de rosaleiras e rosaleiros, usos e costumes, a antiga canteira de onde se extraía a pedra para as rodas dos muíños, a ermida de San Martiño, o chan da Cereixa, e veremos tamén os conxuntos de muíños do Folón e do Picón.

Formulario de inscrición na lista de espera:

  • Acepto que conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais, infórmase de que os datos facilitados incorporaranse nun ficheiro automatizado baixo a responsabilidade do Concello do Rosal. Os datos non se cederán a terceiros agás nos casos nos que exista unha obriga legal ou fora necesario para o correcto desenvolvemento da actividade na que se inscribe. Así mesmo, solicítase a súa autorización para poder achegarlle información sobre cursos, xornadas e actividades futuras.