Andaina interpretativa Serra da Groba

28 de xuño
Distancia: 10 kms
Duración aproximada: 3,5 h
Hora de inicio: 10.00 h
Desnivel acumulado: 350 metros
Dificultade: moderada

Dámoslle a benvida ao verán cunha nova andaina pola Serra da Groba, un espazo de extraordinario valor natural e paisaxístico desde o que gozaremos de excelentes vistas sobre a fachada atlántica. Ascenderemos ata o punto máis alto do concello, o Alto do Campo do Couto, a 553 metros de altitude, para continuar despois ata o límite co concello de Oia, na coñecida Poza dos Corvos.

Trátase dun percorrido circular duns 10 quilómetros, organizado polo Concello do Rosal, dirixido a todas aquelas persoas que non presenten problemas de mobilidade. O regreso está previsto arredor das 13.30h.

O Rosal dá a benvida ao verán cunha andaina interpretativa pola Serra da Groba

Formulario de inscrición lista de espera:

  • Acepto que conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais, infórmase de que os datos facilitados incorporaranse nun ficheiro automatizado baixo a responsabilidade do Concello do Rosal. Os datos non se cederán a terceiros agás nos casos nos que exista unha obriga legal ou fora necesario para o correcto desenvolvemento da actividade na que se inscribe. Así mesmo, solicítase a súa autorización para poder achegarlle información sobre cursos, xornadas e actividades futuras.