Andaina interpretativa a Serra da Groba
A actividade de sendeirismo que organizamos xunto ao Concello de O Rosal o vindeiro sábado día 27 de setembro é de dificultade media, apta para todas as persoas que non teñan reducida a súa mobilidade e cun mínimo de forma física. O roteiro é circular, cunha distancia de 10 quilómetros.
Neste ocasión coñeceremos a Serra da Groba, de grande valor natural e paisaxístico, con excelentes vistas sobre a fachada atlántica. A parte máis alta do noso concello, chegando ao seu punto máis alto (O Alto do Campo do Couto, con 553m), e continuaremos até o límite co concello de Oia, na Poza dos Corvos.
Información da ruta:
Dificultade moderada.
Distancia 10 kms e desnivel acumulado 350 metros
Duración 3 horas 1/2 (hora de inicio 10h. Regreso previsto ás 13h30).
Hora de saída: 10h