ANDAINA POLO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

A cita será o sábado 8 de Xuño, as 20:30 h, na aula de natureza das Aceñas.

  • Partiremos da aula da natureza das Aceñas, onde teremos unha breve charla  sobre o día mundial do medio ambiente e especificamente sobre a contaminación atmosférica, o tema elixido para este ano.
  • Levaremos a cabo unha plantación simbólica de árbores autóctonas no entorno das Aceñas.
  • Percorremos o río Tamuxe pola súa beira en dirección a casa do río. A lonxitude da ruta será aproximadamente dun quilómetro e medio, toda ela atravesando un entorno boscoso.

Finalmente repartiranse bolsas de algodón reempregables ós asistentes. Non é necesario inscribirse a andaina, pero si que agradecemos a comunicación ó concello para ter unha estimación dos participantes. Dado que a ruta transcorre pola ribeira, recomendamos levar roupa e calzado cómodo así como unha posible muda por se o chan está mollado.