ANUNCIO CONSULTA PÚBLICA ORDENANZA XERAL REGULADORA DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS

Establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións para dar resposta a diferentes demandas sociais e económicas de persoas físicas e xurídicas, xa sexa en réxime de concorrencia competitiva ou en réxime de concesión directa; seguindo os principios de igualdade e non discriminación, publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, eficacia e eficiencia, recollidos na Lei 38/2013, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos no seguinte cuestionario durante o prazo de vinte días a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no taboleiro da sede electrónica, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Documento relacionado: