AS NOSAS PANDERETEIRAS “TREMELIQUE” LEVAN Á NOSA MÚSICA A TERRAS CASTELÁS

Despois de superar a segunda fase do concurso organizado polo festival Sarmiento Folk Rock pasan á final que as levará o vindeiro fin de semana 27 e 28 de abril a La Seca (Valladolid). Defenderán a nosa música coa súa identidade, mesturando actualidade e tradición

Desde o Concello do Rosal desexámoslle unha magnífica experiencia e moi sorte nesta andadura, á vez que lle agradecemos que leven o nome do Rosal por terras castelás.