08 Abr 2019 ASCENSO DA UD RIBERA A SEGUNDA REXIONAL
Posted at 09:44h
in Sen categoría
Desde o Concello do Rosal queremos dar a noraboa ao noso equipo de fútbol, ao que mellor representa ó noso pobo fóra do Rosal.
A Unión Deportiva Ribera.
O Ribera forma xa parte da nosa historia e como tal queremos ser os primeiros en recoñecer este triunfo que énchenos de orgullo.
Desde sempre é o equipo más representativo do fútbol rosaleiro e referente no deporte base, xa que durante o ano académico máis de cen nenos e nenas de diferentes categorías xogan nas súas filas.
Noraboa e esperamos acompañar ao Ribera en tódos os seus logros e éxitos durante moitos anos máis.
O nome do Rosal crece convosco!!!!!