AVISO DE RECOLLIDA DE LIXO EN SEMANA SANTA

Debido ó carácter festivo destas datas, informamos que o xoves día 18 non haberá recollida de lixo. O venres 19 si funcionará o servizo no horario habitual para retirar os restos acumulados antes do fin de semana e o sábado 20 tamén se fará a recollida complementaria no casco urbano.

Por outro lado, queremos informar que nestes momentos a empresa subcontratada por parte de SOGAMA para o transporte do lixo está en folga. A pesar de que está establecido un servizo mínimo, é posible que se produza unha saturación dos colectores de envases (amarelo). Dado que se os envases están correctamente separados non xeran cheiro algún, rogamos que, polo ben de toda a comunidade, en caso de que os colectores estean cheos se manteñan as bolsas nos fogares ou se leven a outro colector baleiro para evitar deixalas ciscadas pola rúa.

Agradecemos a vosa colaboración e esperamos que a situación se arranxe coa maior brevidade.