AVISO RECOLLIDA DE LIXO EN NADAL

Os días 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro son festivos e non haberá recollida de lixo. Posto que as 3 datas coinciden antes ou despois de domingo, serán 2 días seguidos sen recollida.
Nestas datas sempre producimos máis residuos do normal, por iso pedimos ós veciños e veciñas que non deixen o lixo fóra do colector. No caso de que estean cheos, se é posible, manteña as bolsas no seu fogar para evitar problemas de malos cheiros e mal aspecto visual.
Colaboremos entre todos.