BAILE NO CONCELLO DO ROSAL ACTUACIÓN DO GRUPO XAMARAINA

Entre as actividades programadas para o mes de marzo, mes da muller no concello do Rosal, contaremos o sábado 4 de marzo co grupo de baile XAMARAINA.A actuación será ás 20.00 h no Auditorio Municipal e está invitada toda a poboación que quera achegarse a desfrutar cos mozos e mozas e as súas pezas de baile moderno.
Un ano máis a Concellería da Muller organiza diferentes eventos que se levarán a cabo durante este mes coincidindo co día 8, Día Internacional da Muller.
Nas próximas datas confirmaremos os diferentes actos, así como os seus horarios.