Balonmán, convivencia e lecer na décima edición do Rosal Handball Cup

BALONMÁN, CONVIVENCIA E LECER NA DÉCIMA EDICIÓN DO ROSAL HANDBALL CUP

O trofeo, organizado polo Valinox Novás en colaboración co Concello, celebrarase os días 27 e 28 de decembro

Balonmán, convivencia e lecer na décima edición do Rosal Handball CupNadal deportivo no Rosal. Este xoves presentábase a décima edición do Rosal Handball Cup – Trofeo Transfronteirizo de Balonmán, unha competición organizada polo Valinox Novás en colaboración co Concello que se celebrará os días 27 e 28 de decembro para as categorías prebenxamin (nados en 2016/2017), benxamín (nacidos en 2013/2014/2015), alevín (2011/2012) e infantil (2009/2010). No acto de presentación estiveron presentes o concelleiro de Deportes do Rosal, Germán Fernández; o director deportivo do Valinox Novás, César Armán; e a responsable de comunicación do club, Laura do Castelo.

O Valinox Novás aproveitará o parón durante o Nadal das competicións de base para celebrar a décima edición deste trofeo, un evento que dá un paso máis aló dun torneo de balónmán, xa que se trata dun evento para que os xogadores e xogadoras das categorías máis pequenas se divirtan cos valores do deporte, fomentando a igualdade, o respecto e o traballo en equipo a través da convivencia. Para fomentar todo isto, todos os equipos contarán cun espazo para facer noite no Rosal, ofrecendo a todas e todos os deportistas a posibilidade de vivir unha experiencia única.

Ademais da convivencia e do balonmán, o torneo contará con actividades lúdicas para todas e todos os participantes. Agárdase que o torneo teña unha grande acollida e que participen arredor de 180 xogadores e xogadoras de equipos procedentes de Galicia e Portugal.