27 Xuñ 2024 Bando: Aviso fitosanitario
Posted at 10:25h
in Medio Ambiente
Infórmase a todos os viticultores de zonas demarcadas por Flavescencia dourada da vide que apliquen os tratamentos insecticidas autorizados nas catro parroquias do concello do Rosal.
Dende o mes de maio, a Xunta de Galicia fai un seguimento da evolución do Scaphoideus titanus, insecto vector da Flavescencia dourada da vide. As ninfas atópanse no seu estado máis avanzado, polo que estamos no momento máis axeitado para aplicar os tratamentos insecticidas, OBRIGATORIOS na zona demarcada e RECOMENDADOS nas zonas vitícolas lindeiras.