BANDO: CONTROL CONSUMO DE AUGA

Dna. Ánxela Fernández Callís, alcaldesa do Concello do Rosal,

FAI SABER:

Que debido á escaseza de auga en varios barrios do municipio estanse realizando lecturas de contadores para o control do consumo de auga.

Así mesmo, faise saber á veciñanza que:

– O consumo máximo diario quedará limitado a 600 litros / vivenda / día.
– O uso da auga será exclusivo para consumo humano, excluíndo regos, limpeza de vehículos, etc.
– Os propietarios das vivendas que non dispoñan de contador ou que este non funcione deberán poñerse en contacto co concello de forma inmediata.
No caso de contemplarse irregularidades procederase á aplicación das sancións contempladas na normativa municipal (BOP de 6 de outubro de 2005).

  • Documentos relacionados
  1. BANDO CONTROL CONSUMO DE AUGA