
09 Mar 2022 BANDO: CORTE DE AUGA
Posted at 08:49h
in Urbanismo
Con motivo da renovación da tubaxe na rede de abastecemento da auga na Praza do Calvario
O Concello informa de que o vindeiro xoves 10 de marzo a partir das 16.00 horas aproximadamente con motivo da renovación da tubaxe da rede de abastecemento da auga na Praza do Calvario, realizarase un corte no abastecemento dende a rotonda do Calvario ata Pías. O corte afectará tamén aos barrios de Cunchada, A Mata, Lagos, Sandián, Cumieira de Riba, Cumieira de Baixo, Urgal e A Lomba.
O restablecemento efectuarase tan pronto como se rematen as obras.