BANDO: REXISTRO ADMINISTRATIVO DE EXPLACIÓNS AVÍCOLAS NON COMERCIAIS

BANDO

REXISTRO ADMINISTRATIVO DE EXPLACIÓNS AVÍCOLAS NON COMERCIAIS

Don Jesús Mª Fernández Portela, alcalde do Concello do Rosal

FAI SABER:

Que nos últimos meses detectáronse tanto en Europa como en España diversos casos de gripe aviaria en aves silvestres e aves de curral.
Aínda que  os casos detectados foros producidos por un tipo de virus que só causa enfermidade nas aves e, polo tanto, non son perigosos para a saúde das persoas,   é necesario establecer unha serie de medidas preventivas para tratar de evitar a aparición desta patoloxía nas aves de curral en Galicia.

Que dentro destas medidas, a Orde APA/244/2006, de 27 de xullo, pola que se establecen medidas específicas de protección en relación coa influenza aviaria, sinala a obrigatoriedade de crear un REXISTRO ADMINISTRATIVO DE EXPLACIÓNS AVÍCOLAS NON COMERCIAIS (CURRIS FAMILIARES) en determinadas zonas de especial risco de aparición da gripe aviaria, entre as que se atopa O Rosal.

Que este rexistro só ten por finalidade coñecer e localizar este currais, información necesaria para tomar medidas preventivas necesarias para tomar as medidas preventivas no caso de aparición da gripe aviaria no noso territorio; NON TEN NINGUNHA OUTRA FINALIDADE NIN SUPÓN NINGÚN CUSTE ECONÓMICO, polo que non lle ocasiona ningún prexuízo ás persoas titulares deste currais.

Que para colaborar na elaboración deste censo de currais familiares, deberase cubrir o correspondente FORMULARIO que estará a súa disposición na oficina da CÁMARA AGRARIA do Rosal, onde se lle informará de todo o que precise. No caso de que vostede non non posúa aves de curral neste momento pero adoite telas, deberá cubrir igualmente o formulario

O que comunico para xeral coñecemento.

O Rosal, 28 de abril de 2017
O alcalde,

  • Documentos relacionados
  1. MODELO SOLICITUDE REXISTRO DE EXPLOTACIÓNS AVÍCOLAS NON COMERCIAIS