07 Ago 2024 BANDO: USO RESPONSABLE E RACIONAL DA AUGA
Posted at 19:24h
in Sen categoría
Ante o crecente consumo de auga da traída municipal, que actualmente duplica o consumo habitual; e a fin de evitar situacións que poñan en risco o abastecemento de auga potable a toda a cidadanía, faise un chamamento a tódolos veciños e veciñas do Concello do Rosal para que fagan un uso responsable e racional da auga.
Neste sentido, prégase a tódolos cidadáns que fagan o esforzo de restrinxir o consumo da auga a usos exclusivamente domésticos (necesidades primarias da vida, preparación de alimentos e hixiene persoal).
De proseguir co ritmo actual de consumo, este concello verase na obriga de establecer medidas máis restritivas a curto prazo.