BANDO: USO RESPONSABLE E RACIONAL DA AUGA

Ante o crecente consumo de auga da traída municipal, que actualmente duplica o consumo habitual, e co fin de evitar situacións que poñan en risco o abastecemento de auga potable a toda a cidadanía, faise un chamamento a tódos os veciños e veciñas do concello do Rosal para que fagan un uso responsable e racional da auga.

Neste sentido, prégase a toda a cidadanía que faga o esforzo de restrinxir o consumo de auga a usos exclusivamente domésticos (necesidades primarias da vida cotiá, preparación de alimentos e hixiene persoal).

De proseguir co ritmo actual de consumo, este concello verase na obriga de establecer medidas máis restritivas a curto prazo.