15 Abr 2024 Bandos: Corte do subministro eléctrico
Posted at 13:09h
in Sen categoría
Bando: Corte do subministro eléctrico
Co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para atender nas mellores condicións as necesidades de subministro da zona, Unión Fenosa Distribución – Grupo Naturgy informa de que dende o 25 ao 26 de abril de 2024 procederase a unha interrupción do subministro eléctrico de 08.00 a 19.30 horas.
Os lugares afectados total ou parcialmente son total ou parcialmente:
- Calvario – Tabagón.
- Calvario – O Rosal SAnta Marina
- Rúa da Baixo.
- Cruceiro O Rosal.
- Morán.
- O Outón.
- Cumieira
- Pías
Para máis información poden contactar no teléfono número 900 333 999.