11 Xan 2018 BASES CONCURSO DE CARROZAS, COMPARSAS, GRUPOS E DISFRACES INDIVIDUAIS DO ENTROIDO 2018
Posted at 10:01h
in Sen categoría
O Concello do Rosal convoca o tradicional concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais que se celebrará con motivo do Entroido 2018, o domingo 11 de febreiro, ás 11:00 horas, na vila do Rosal. O desfile percorrerá a rúa Julio Sesto, desde a Rotonda da Feira e a rúa de Ramón Franco, ata o cruce coa Lomba.
A inscrición dos participantes farase no Rexistro do Concello, en impreso normalizado para este fin, ata as 14:00 horas do martes, 6 de febreiro de 2018.
Xunto coas solicitudes de inscrición, deberán achegar:
- Breve descrición dos disfrace que se presenta a concurso.
- Maiores de idade: fotocopia do DNI.
- Menores de idade: fotocopia do DNI do representante e autorización única da persoa que represente á totalidade dos menores que participen (detallando o nome e apelidos de todos eles).
- Asociacións: fotocopia do CIF e fotocopia do DNI do representante
DESCARGAS: