BASES CONCURSO DE HAIKUS DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Co fin de conmemorar o día 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, e de contribuír á desaparición do maltrato á muller convócase un concurso de haikus.
O haiku é un xénero poético de orixe xaponesa. Os haikus escríbense, segundo a tradición, en tres versos sen rima, de 5, 7 e 5 sílabas, respectivamente. Adoitan facer referencia a escenas da natureza ou a vida cotiá.
Os haikus presentados a concurso deben mostrar un espírito crítico e comprometido contra o maltrato á muller e contra a invisibilización que as mulleres sufriron ao longo da historia e que aínda sofren.

PARTICIPA
HABERÁ PREMIOS PARA OS MELLORES