BASES CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL PARA A XXV EDICIÓN DA FEIRA DO VIÑO DO ROSAL

Bases para a contratación laboral temporal para cubrir tres prazas de PERSOAL DE INFORMACIÓN XERAL E VENDA DE CATAVIÑOS, en base ós seguintes criterios:
PRIMEIRO.- O obxecto das presentes bases é proceder á selección de traballadores/as para a realización de diferentes tarefas de atención ó público durante a Feira, en concreto, proporcionar información xeral sobre a Feira e o concello ós asistentes, encargarse da almacenaxe, traslado e venda de cataviños e outras similares que poidan xurdir.
SEGUNDO.- O contrato terá unha duración que irá dende o 14 ó 16 de xullo do presente ano. Será a xornada completa e a modalidade será a de obra ou servizo determinado.

  • Documentos relacionados
  1. 01 BASES SELECCIÓN PERSOAL FEIRA DO VIÑO 2017