Cambio de data para a campaña de doazón de sangue no Rosal este mes de maio

CAMBIO DE DATA PARA A CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE NO ROSAL ESTE MES DE MAIO

Por cuestións organizativas, a Axencia Galega de Doazón de Sangue veuse na obriga de trasladar a visita da unidade móbil ao luns 8 de maio

Estará situada de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas na rúa Ramón Franco

O Rosal contará cunha nova data para acoller a campaña de doazón de sangue que cada mes vense celebrando no municipio. Por cuestións organizativas, a Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) veuse na obriga de trasladar a visita da unidade móbil prevista para esta semana ao vindeiro luns 8 de maio. Ese día un autobús da entidade estará na rúa Ramón Franco, nº 4, fronte a Abanca, coas súas portas abertas de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas para todas aquelas persoas que queiran achegar a súa pinga de solidariedade.

Poden acudir a doar todas as persoas con máis de 18 anos e 50 kg de peso, sempre despois de almorzar se se acode pola mañá ou dúas horas despois de xantar ao mediodía se se acode pola tarde. Dende ADOS lembra que é importante levar a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar, ademais de informar ao persoal médico en caso de estar tomando algún medicamento.

A pesar de que o persoal da unidade móbil fai unha revisión a todas as persoas que queren doar para garantir a seguridade dos compoñentes da sangue, recoméndase non acudir se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos mantén abertos cada día locais de doazón nas sete grandes cidades de Galicia e despraza dez unidades móbiles na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas, analizadas e preparadas para garantir o subministro de compoñentes sanguíneos a todos os hospitais galegos para atender a milleiros de doentes os 365 días ao ano.