CAMPAMENTO DE INGLÉS

O Concello do Rosal puxo en marcha por primeira vez un Campamento en Inglés do 16 ao 27 de xullo de 9.30 h a 13.30 h en instalacións do concello.
Está dirixido a nenos matriculados no 2017/2018 en Educación Primaria e as actividades que se ofrecen consisten en manualidades relacionadas coa arte e a ciencia, cociña, pilates, zumba, balonmano e outras actividades.
Participan un total de 21 nenos de diferentes concellos e está tendo moi boa acollida polo que o vindeiro ano repetiremos a experiencia.