CAMPAMENTO DE VERÁN 2019

O Concello do Rosal organiza o Campamento de Verán co principal obxectivo de conciliar vida familiar e laboral a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre tras rematar o período lectivo. Esta actividade está subvencionada a cargo do Plan Concellos 2019 Liña 2 con 4.430€ da Deputación Provincial de Pontevedra.

CAMPAMENTODEVERAN2019
DESTINATARIOS/AS
Nenos e nenas matriculados o curso 2018/2019 en educación infantil ou educación primaria que reúnan as seguintes circunstancias:
• Empadroados/as no Rosal (comprobarase que os menores inscritos/as están empadroados no concello)
• Non empadroados/as no Rosal pero que o seu pai, nai, titor, titora traballe ou posúa un negocio no Rosal.
NÚMERO DE PRAZAS E LUGAR DE CELEBRACIÓN
O número de prazas ofertadas son 30. A actividade desenvolverase na Escola de Couso
DURACIÓN E HORARIO
O campamento desenvolverase de luns a venres de 9.00 a 14.00 os meses de xullo e agosto
PREZO: o prezo por persoa é de 75€/mes. O mes de xullo a pagar na última semana de xuño e o mes de agosto a pagar na última semana do mes de xullo.

  • + Documentos adxuntos
  1.  BASES CAMPAMENTO VERÁN 2019

 

Publicada : 31 de maio de 2019