CAMPAMENTO DE VERÁN NO CONCELLO DO ROSAL – XULLO E AGOSTO 2018

O Concello do Rosal abre o prazo de inscrición do “Campamento de verán” o vindeiro día 1 de xuño, organizado a través do Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar na tempada de verán.
Poderán inscribirse en calquera dos campamentos por estricta orde de rexistro de entrada no concello dende o 1 de xuño

CAMPAMENTO DE VERÁN NO CONCELLO DO ROSAL – XULLO E AGOSTO 2018.

Campamento de verán comprenderá de luns a venres os meses de xullo e agosto de 2018 en horario de 9:00h a 14:00h. Poderán participar nenos matriculados no 2017/2018 en Educación Infantil ou Primaria e o prezo por neno é de 75€/mes

A temática escollida a traballar este ano versará sobre o impacto dos humanos na Terra, co obxectivo último de compartir cos nenos/as ideas de sostenibilidade, consumo responsable e aprendizaxe de novas culturas e civilizacións.

Para poder acadar o noso obxectivo, cada semana tratarase un tema concreto como por exemplo os océanos, a fauna e a flora, culturas do mundo, etc., e en base a ese tema traballaremos ás diferentes actividades. (creatividade, intelixencia emocional, resolución de conflictos, dinámicas de grupo, manualidades, saídas, obradoiros externos…..)

Ditas actividades desenvolveránse en todo momentoa abarcando a atención á diversidade e apoio persoal para aqueles cativos con algún problema de conduta ou do desenvolvemento (Autismo, Asperger, TDAH, etc.).