20 Xuñ 2019 CAMPAÑA EDUCATIVA SOBRE RECICLAXE
Posted at 07:43h
in Sen categoría
Mañá, venres 21, teremos na sala de exposición do concello unha exposición sobre prevención e xestión de residuos domésticos e desperdicio alimentario, organizada pola Xunta de Galicia.
A exposición estará dispoñible ó público dende as 10 da mañá ata as 14 horas, e en todo momento estará acompañada por un grupo de educadores ambientais que atenderán as dúbidas dos visitantes.
Non perdades a oportunidade de asistir!