CÁNDIDO PAZÓ “HISTORIAS QUE VEÑEN E VAN”

26 de outubro ás 21.00h no Auditorio Municipal do Rosal,  Cándido Pazó presenta “HISTORIAS QUE VEÑEN E VAN”, diversión, evocación, emoción, reflexión no máis vello e novo dos espectáculos: o de contar. Contos, comedia e outras lerias que van na fala da xente, que se escoitan aqui e cóntanse alá… Verdades que parecen mentira e mentiras que parecen verdade.