CARLOS TAIBO CHEGA AO ROSAL COA SÚA CONFERENCIA ‘DECRECEMENTO E COLAPSO’

A charla terá lugar no Centro Polivalente do Rosal ás 20:30h

Este mércores 8 de xuño o Concello do Rosal acollerá a conferencia “Decrecemento e colapso”, unha reflexión sobre a globalización e a situación actual, cun convidado de luxo: Carlos Taibo.

Taibo foi profesor de Ciencia Política na Universidade Autónoma de Madrid ata 2018, é autor dunha vintena de títulos e é, ademáis, un editor dunha grande reputación.

Firme partidario dos movementos de decrecemento, antiglobalización, da democracia directa e do anarquismo, Carlos Taibo achegará a súa versión sobre a lóxica do crecemento económico, que, segundo o experto, afecta a todas as esferas: dende a social ata a económica ou a política, e cómpre afastalo do progreso e do benestar.

A actividade será gravada para, posteriormente, pór na páxina electrónica do Concello. Non é preciso realizar inscrición previa. A entrada será libre ata completar aforo.