A FEIRA DO VIÑO VOLVE INUNDAR O ROSAL MARIDANDO VIÑO, GASTRONOMÍA, LECER E MOITAS GANAS DE DESFRUTAR
A XXX Feira do Viño do Rosal comezou este venres co pregón do Master of Wine Pedro Ballesteros
“A Feira do Viño é a máis importante do Rosal e todas e todos tiñabamos moitas ganas de volver a celebrala sen limitacións, con agarimo e apertas e compartindo o renovado espazo da nova Praza do Calvario”, sinalou a Alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, no acto de inauguración