Alcaldesa e edís mantiveron un encontro coas Comunidades de Usuarios de Augas de Consumo para informar sobre as subvencións para a mellora de instalacións, que se incrementaron nun 50%

Ao longo do 2024 o Concello investirá máis de 138.000 euros nestas axudas, nas analíticas da auga, na colaboración coas traídas no mantemento ordinario e para o inventariado da rede municipal e veciñal de auga