Luz verde sen ningún voto en contra á modificación para a posta en marcha dun proxecto piloto para crear co tecido educativo e asociativo iniciativas de inclusión de persoas con e sen diversidade funcional

O Concello tamén deu o visto e prace a un investimento de 3.500€ para realizar un estudo das rutas de sendeirismo para a posta en valor do espazo natureza. Aprobada por unanimidade a moción para solicitar medidas de compensación polo impacto socio-económico do peche de fronteiras

A web feiradoviño.gal artellará toda a programación virtual desta XXVIII edición e nela o público poderá mercar botellas ou packs cos que desfrutar da feira dende as súas casas. Arranca ‘Viño-experiencia’, un concurso a través das redes sociais co que se invita ás persoas a enviar fotos desfrutando dos caldos da comarca.