28 Mai 2019 CENTRO DE COMPOSTAXE COMUNITARIA
Posted at 12:46h
in Sen categoría
¡Comezou a instalación do centro de compostaxe comunitaria do Rosal! Con esta medida darase unha alternativa a moita xente que quere compostar os seus residuos orgánicos pero que non ten a posibilidade de instalar un composteiro individual no seu fogar.
Cada día é mais evidente que a compostaxe é a alternativa ó ineficiente sistema actual de xestión dos residuos orgánicos. Unha visión que compartimos con outras moitas localidades de Galiza, España e Europa.