CHARLA “VIOLENCIA DE XÉNERO, UNHA REALIDADE OCULTA”

O vindeiro mércores 1 de agosto terá lugar a charla “Violencia de xénero, unha realidade oculta“, ás 20.00 h. da tarde no Centro Social Polivalente, organizada pola Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo en colaboración co Concello do Rosal.
Durante a sesión abordaranse temas como a sensibilización e prevención, medidas e protocolos de actuación ante un caso de violencia de xénero e os servizos e lugares de interese aos que poden dirixirse as persoas afectadas.
A información sobre estes temas son un dos puntos fortes que a Concellería de Igualdade do Concello do Rosal quere reforzar “importancia de levar a cabo sesións deste tipo que persigan unha concienciación sobre unha realidade presente, por desgraza, no día a día de moitas persoas”.