30 Out 2024 Chega ao Rosal ‘Loló e mamá’, un espello cómico das relacións familiares
O auditorio municipal collerá este domingo 3 ás 19.00 h este espectáculo de Ste Xeito Producións ao abeiro do circuíto +Escénicas. Entrada de balde
O Rosal prepárase para unha tarde de teatro que sacará risos e reflexións a partes iguais. Este domingo 3 de novembro a compañía Ste Xeito Producións subirase ao escenario do auditorio municipal para representar o seu espectáculo ‘Loló e mamá’, unha montaxe que cun humor fino e ácido mergúllase nas complexidades das relacións familiares, lembrando ao público que o amor pode ser un arma de dobre fío: canto máis se ama, máis se sofre.
O espectáculo será ás 19.00 horas con entrada de balde. As e os espectadores poderán desfrutar da historia de Margot, que tras quedarse no paro decide mudarse coa súa filla Loló, atravesando un océano e reabrindo antigas feridas. O que inicialmente parece unha boa idea para achegar a unha familia desestruturada pronto se converte nun verdadeiro desastre. Una obra que se vai tecendo para presentar unha serie de cuestións tan cómicas como profundas, como o papel que xoga a independencia nunha relación familiar.
Esta peza é parte do circuíto +Escénicas da Deputación de Pontevedra, que busca achegar o teatro de calidade ás vilas e cidades da provincia. Unha obra áxil, actual e cargada de emocións que promete non deixar a ninguén indiferente.