CINEMA: PÉREZ, O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS

Cinema : Pérez, o ratiño dos teus soños, o vindeiro 22 de setembro ás 21.00h no Auditorio Muncipal do Rosal

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura e coa Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), pon en marcha a terceira edición do programa de dinamización lingüística Redecinema.

Pérez, o ratiño dos teus soños é unha coprodución galega de animación dirixida por Juan Pablo Buscarini en 2006. Está producida por Castelao Productions, Filmax e Patagonik Film Group.

Resumo:
Lucía vive cos seus pais nun barrio tranquilo. A noite que perde o seu primeiro dente, o Ratiño Pérez non chega a deixarlle a moeda. Lucía preocúpase e sente que algo malo lle sucedeu a Pérez.

Entrada de balde